CRTVG

Buscar

A DXT pon en marcha unha nova campaña de vixilancia nas estradas para controlar camións e autobuses

Publicado o 12/10/2020 15:19

Dende hoxe e durante toda a semana a DXT controla os camións e autobuses que circulan por España. 

Os axentes porán atención en aspectos como a velocidade de circulación, o respecto polos descansos, o estado dos vehículos ou os datos do tacógrafo.

O transporte de mercadorías é o segundo máis numeroso das nosas estradas, mentres que os autobuses supoñen o un por cento do total do parque automobilístico. 

 

 

 

Noticias web

12/10/2020