CRTVG

Buscar

A DXT pon en marcha unha campaña sobre os novos límites de velocidade

Publicado o 04/01/2019 15:09

Coincidindo con esta operación especial de Tráfico, a DXT pon en marcha unha campaña informativa sobre os novos límites de velocidade nas estradas convencionais. O máximo permitido baixa a 90, o Goberno di que non pretende molestar os condutores con esta medida.

Menos velocidade, máis vidas na estrada. Mellor máis despacio". A DXT apela así á conciencia dos condutores na campaña informativa dos novos límites de velocidade na rede convencional.

O anuncio lembra que son as secundarias as estradas en que se produce o 74 por cento das vítimas mortais.

É a primeira acción informativa da velocidade máxima á que se vai poder circular a partir do 29 de xaneiro nas estradas secundarias.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019