A DXT pon en marcha unha campaña de control do transporte de marcadorías
Publicado o 19/02/2019 17:32
A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha a campaña de control de vehículos de transporte de mercadorías e persoas. Promovida pola Organización Internacional de Policías de Tráfico, no ámbito europeo, ten como finalidade principal reducir a sinistralidade e concienciar os usuarios.
As cifras amosan a importancia do control destes vehículos. Segundo os datos da DXT, no 2017 as furgonetas estiveron implicadas en 11.150 accidentes e causaron 243 mortes, mentres que os camións e autobuses sumaron 6.351 accidentes que deixaron 364 vítimas.
A campaña prolongarase ata o domingo.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 21:48