CRTVG

Buscar

A DXT pon en marcha unha campaña contra as distraccións ao volante

Publicado o 15/09/2020 15:24

A DXT intensifica a vixilancia sobre as distraccións ao volante nunha campaña especial ao longo desta semana. Nela teñen activados todo tipo de medios, incluídas as novas furgonetas camufladas.

Mandar unha mensaxe, manipular o GPS, rifar cos nenos, mesmo mirar a paisaxe. Calquera distracción pode custarnos a vida ao volante.

Para concienciar sobre as distraccións, a DXT vixía esta semana as estradas, sobre todo as convencionais, nunha campaña dotada con patrullas, cámaras fixas, drons e unha novidade, as furgonetas camufladas.

A sanción por manipular dispositivos electrónicos é de 200 euros e a perda de tres puntos. O consello, evitar multas e riscos.

Máis aló das multas cómpre lembrar que as distraccións están detrás dun de cada catro accidentes con vítimas mortais en Galicia.

Noticias web

15/09/2020