CRTVG

Buscar

A DXT intensifica os controis na contorna das cidades galegas

Publicado o 05/12/2019 21:25

En os accesos das cidades e as estradas cara aos lugares de descanso son as que rexistraron unha circulación máis densa . Por iso a DXT intensifica neses puntos a vixilancia. A operación especial púxose en marcha ás 3 da tarde e rematará o domingo ás doce da noite. Tráfico ten previsto aumentar os controis de velocidade e alcol en toda a rede viaria, sobre todo nas estradas convencionais, as que rexistran un maior número de sinistros.

Canda esta medidas disuasorias, a DXT fai tamén as habituais recomendacións: poñer a punto o vehículo, vixiar os pneumáticos polas malas condicións climatolóxicas destas datas ou a iluminación. Pero, sobre todo, ser prudentes e evitar o exceso de velocidade."

Os carburantes, máis caros

Os carburantes incrementaron o seu prezo un 0,5%  nos dias previos á operación saída da ponte. O prezo medio da gasolina roza, esta semana, o 1,3 euros por litro , e está un 10% máis cara que cando empezou o ano. O gasóleo, que tamén subiu na última semana, anda polo 1,2 euros por litro, case un 8% máis que en xaneiro. Con estes prezos, encher hoxe o depósito custa entre 22 e 38 céntimos máis que a semana pasada.

Folga de Renfe

A folga de Renfe afectou en Galicia un total de 31 trens, 21 de media distancia e 10 de longo percorrido.  O sindicato CGT convocou o paro para hoxe, coincidindo coa operación saída da ponte da Constitución. Os primeiros trens afectados polo paro  foron os de longo percorrido entre Galicia e Madrid, que se detiveron ao chegar as doce da  noite. Tampouco funcionaron con normalidade os enlaces entre Vigo e O Porto. O último que se pode ver afectado pola folga é Santiago-A Coruña, que sae de Santiago ás once e media da noite.

 

Noticias web

05/12/2019