CRTVG

Buscar

A DXT intensifica os controis de velocidade de cara a ponte festiva

Publicado o 13/08/2019 14:06

A DXT acaba de poñer en marcha unha nova campaña de control de velocidade para esta ponte. O dispositivo que estará activo ata o vindeiro domingo despregarase sobre todo nas vías convencionais, onde se producen o 75% dos sinistros mortais. Dende tráfico lembran que o exceso de velocidade é a segunda causa de sinistralidade só superada polas distraccións ao volante.

Manuel Julio Melendez, Tenente xefe do destacamento de Tráfico de Santiago de Compostela, asegura que os controis realízanse en tramos onde se rexistran máis excesos de velocidade ou de elevada siniestralidade. Di que a nivel nacional espéranse mási de sete millóns setecentos mil desprazamentos durante esta ponte festiva, o 12% na nosa comunidade. Nestes desprazamentos recomenda precaución ao volante e respetar os límites de velocidade. 

Nun control realizado no concello do Pino, nunha estrada de tráfico moderado pero de risco pola proximidade co camiño de Santiago os axentes sancionaron dez condutores en pouco máis de hora e media.

A maioría dos condutores atribuiron o exceso de velocidade a distraccións. Malia o mal trago inicial todos coincidía en que este tipo de controis son necesarios.

A DXT advirte que as infraccións por exceso de velocidade poden carrexar sancións de entre 100 e 600 euros e a perda de ata seis puntos do carnet de conducir.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019