CRTVG

Buscar

A DXT inicia unha campaña de control nas estradas convencionais e urbanas

Publicado o 16/04/2018 15:00

Ata o vindeiro domingo máis axentes vixiarán a velocidade á que conducimos. A Dirección Xeral de Tráfico puxo en marcha hoxe unha campaña de control que incide especialmente nas estradas convencionais e urbanas.

Esta nova campaña de control de velocidade céntrase especialmente naquelas vías que dispoñen dun só carril en cada sentido, e nas estradas urbanas do país. Dende a Dirección xeral de Tráfico afirman que a iniciativa busca concienciar os condutores do risco de correr máis da conta ao volante. Toda vez que no 20 por cento dos sinistros mortais rexistrados en vías interurbanas españolas a velocidade é un factor concorrente. Apuntan que circular á velocidade adecuada pode evitar practicamente unha quinta parte das mortes en accidente de tráfico.

O voceiro da Policía Local de Pontevedra, corpo que tamén participan nesta campaña da DXT, afirma que na última que houbo para concienciar sobre o risco da velocidade inadecuada -en novembro pasado- só o un por cento dos condutores controlados tiveron que ser sancionados por exceder os límites. Tamén di que aínda así, o obxectivo da campaña segue a ser válido para reducir non só o número de vítimas mortais. Unha maior concienciación tamén permitirá reducir a cifra de persoas feridas en accidentes ocasionados por velocidade inadecuada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018