CRTVG

Buscar

A DXT inicia unha campaña centrada na seguridade de peóns, ciclistas e motoristas

Publicado o 20/05/2019 08:49
A DXT inicia unha campaña centrada na seguridade de peóns, ciclistas e motoristas

Catro persoas morreron en tres accidentes mortais esta fin de semana nas estradas españolas. En Galicia, este domingo, unha moza de 19 anos quedou ferida grave despois dun aparatoso sinistro en Cuntis. O peor accidente de tráfico destes días foi en Madrid, en Guadarrama, en que morreron dous homes e outros dous quedaron feridos leves nunha colisión entre o turismo en que viaxaban e un autobús. 

Tráfico pon en marcha dende hoxe unha campaña centrada na seguridade dos usuarios máis vulnerables nas estradas. É unha campaña de sensibilización que busca evitar os accidentes que teñen por vítimas peóns, ciclistas e motoristas.

Un 43 por cento dos mortos nas estradas galegas nos catro primeiros meses deste ano pertencían a algún destes grupos. Os axentes de Tráfico recordaranlles aos peóns a importancia de levar elementos reflectores; a ciclistas e motoristas, o casco e a roupa adecuada; e ao conxunto dos condutores, a necesidade de extremar a prudencia cando se encontren con eles.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019