CRTVG

Buscar

A DXT estuda que o causante dun accidente por usar o móbil pague os danos

Publicado o 10/08/2018 10:25

Empregar o móbil no coche conducindo non só costará multas mais caras senón tamén pagar os danos ocasionados nun accidente. A Dirección Xeral de Tráfico estuda que os condutores paguen os danos de accidentes causados polo uso do móbil,  como xa ocurre nos casos de alcoholemia.

A DXT confirma na conta de Twiter que vai estudar a proposta da consultora Pons Seguridade Vial que formula que as aseguradoras poidan exercer o dereito de repetición contra os condutores que causen accidentes por ir empregando o teléfono móbil. É dicir, que as propias compañias aseguradoras reclamen ao causante do sinistro a indemnización aboada ás vítimas. Pero para levar esta proposta adiante haberá que modificar a normativa do seguro do vehículo para que as compañias poidan exercer ese dereito de repetición contra o asegurado causante do accidente e reclamarlle así os cartos da indemnización que abonou para sufragar os danos materiais e lesións causadas ás vítimas do accidente. Este proceso xa se fai cando os accidentes son causados por condutores que dan posistivo en alcol.

Segundo a consultora, o impacto preventivo nos condutores desa medida podería reducir entre un 30 ou un 40% os accidentes asociados ao uso do teléfono móbil. Para a DXT é necesario actualizar a Lei de Seguro de 2004, por aquel entón as distraccións cos móbiles non eran o principal factor de accidentalidade. Entre outras medidas Tráfico tamén incrementa as sancións na retirada de puntos por empregar o móbil. De quitar 3 puntos pasará a una retirada de entre 4 e 6 puntos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018