CRTVG

Buscar

A DXT detectou ata 12 kamikazes ao mes en Galicia

Publicado o 09/10/2019 09:38

Galicia é a terceira comunidade autónoma de España onde se detecta o maior número de condutores que circulan en sentido contrario, o que se coñece como kamikazes. Só a superan as Canarias e Andalucía.

A A-6, ao seu paso por Lugo, está entre as cinco estradas españolas con máis condutores kamikazes. Isto provocou graves accidentes. É difícil reaccionar cando se atopa un coche en sentido contrario, pero hai unhas recomendacións básicas.

Cristina Sinde, responsable dunha autoescola: "Apartar, sempre que poidas botarte fóra da vía, parar e chamar inmediatamente os axentes, o 112".

Algúns kamikazes son condutores que actúan de xeito temerario voluntariamente, pero noutros casos trátase de descoidos de persoas maiores. Os expertos cren que sería aconsellable aumentar as revisións entre os condutores de maior idade.

Eva Muíño, coordinadora do Grupo de Tráfico do Colexio de Psicoloxía de Galicia: "Si que é certo que a maior idade, maiores dificultades físicas e psicolóxicas. Polo tanto, deberían facerse máis revisións".

Facelas, din, con máis frecuencia e con maiores controis nos psicotécnicos.

Noticias web

09/10/2019