CRTVG

Buscar

A DXT controla con cámaras a ITV dos vehículos

Publicado o 22/01/2020 14:29

Os catro lectores fixos están repartidos por toda Galicia: un por cada provincia. Na da Coruña, está situado no quilómetro 541 da A-6 en Aranga, na mesma autovía pero en Rábade, Lugo, hai outro na altura do punto quilométrico 509. Na AP-9 en Vilaboa, Pontevedra, outra cámara está situada no quilómetro 138, e en Ourense sitúase no quilómetro 230 da autovía A-52.

Estas cámaras funcionan como os radares: isto é, recoñecen as matrículas, comproban a vixencia da inspección e, se está fóra de prazo ou o informe é negativo, envían automaticamente unha multa ao propietario do vehículo.

Ademais deste sistema, a Garda Civil de Tráfico conta con dispositivos portátiles que tamén permiten comprobar se un vehículo pasou a ITV e se ten seguro. Neste caso, fai unha foto do coche en cuestión e envía un aviso a unha patrulla para que lle dea o alto ao infractor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2020