CRTVG

Buscar

Campaña da DXT para previr atropelos nas estradas

Publicado o 27/10/2019 20:23

Tráfico comeza este luns unha campaña para prevención de atropelos nas estradas do país. Os axentes repartirán 600 chalecos reflectores e intentarán concienciar peóns e condutores da importancia de facérense visibiles.

Terá especial incidencia en Galicia, xa que é unha das comunidades con máis accidentes deste tipo. O ano pasado, catorce persoas morreron atropeladas. Nove en estradas convencionais e cinco en autovías.

Desenvolverase durante varias semanas e coincide coa redución das horas de luz ao anoitecer máis cedo polo cambio de hora e a celebración de Todos os Santos, festividade na que se incrementa o número de peóns nalgunhas estradas.

A iniciativa tamén vai dirixida aos condutores. A DXT, lémbralles que deben moderar a velocidade en núcleos de poboación e travesías, levar as luces accesas en caso de meteoroloxía adversa e poñer o chaleco se saen do vehículo na vía.


 

Noticias web

27/10/2019