CRTVG

Buscar

A DXT comeza a utilizar drons para detectar e multar as infraccións ao volante

Publicado o 01/08/2019 20:12

A DXT comezou a utilizar drons este xoves para detectar e multar as infraccións ao volante, coincidindo cun dos días de máis desprazamentos do ano.

Tres meses gravando nas estradas españolas achegan probas suficientes para xustificar a súa utilización. Imaxes que amosan un condutor cruzando a liña continua. Outro que non cede o paso e xenera  unha situación de perigo. Outro  mais saltando un stop. Pero semella que nada disto nos convence e na rúa sospeitan deste novo trebello.

"É para recadar, xa se sabe", din os entrevistados. 

En caso de ser detectado por un dron, unha patrulla da Garda Civil perseguirá o infractor para comunicarlles a sanción de xeito inmediato. Non están preparados para multar o exceso de velocidade, pero si o uso indebido do móbil, ou se non levan posto o cinto de seguridade. Nestes casos, as opinións da rúa acerca do uso dos drons, varía.

"É a tecnoloxía do século XXI e hai que adaptala tamén ao tráfico", di este mozo.

"Os controis son necesarios", di estoutro.

De momento só tres estan operativos. Estes dias, nas estradas de Madrid, Andalucia e Valencia. Pero, segundo a DXT, irán facendo quendas por outras comunidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019