CRTVG

Buscar

A DXT alerta dunha estafa que lles comunica aos condutores multas de 1.530 euros

Publicado o 02/07/2019 12:25
A DXT alerta dunha estafa que lles comunica aos condutores multas de 1.530 euros

A Dirección Xeral de Trafico alerta dunha estafa que suplanta a identidade deste organismo. A DXT alertou a través de Twitter dunha estafa que comunica por mail aos condutores de multas de 1.530 euros. Segundo o organismo dependente do Ministerio do Interior, a DXT "nunca" notifica por correo electrónico as multas de tráfico. E aí está a trampa porque probablemente se pinchamos nese enlace estariamos instalando un virus no noso ordenador que roubaría os nosos datos bancarios.

Hai varios aspectos da suposta denuncia que xa nos dan pista que estamos ante un timo. Por exemplo, está remitido pola Dirección Nacional de Tráfico, cando en realidade o nome oficial é Dirección Xeral e o emprego da linguaxe tampouco é a correcta.

Di "Notifícase a vostede que presenta unha denuncia por foto multa, valor da sanción 1.530 euros. Son algún elementos que nos poden facer sospeitar, pero ademais deben saber que Tráfico non notifica as multas por correo electrónico, a non ser que se teña dado de alta este servizo. E neste caso comunicaríase a multa, xa non só por correo electrónico, senón tamén a través dun SMS. 

 

Noticias web

02/07/2019