CRTVG

Buscar

Comeza a segunda fase da operación especial de Tráfico da Semana Santa

Publicado o 18/04/2019 08:39

Ás tres da tarde comezou a segunda fase da operación saída de Semana Santa. Agárdanse máis de 900.000 desprazamentos ata as doce da noite do próximo luns. A Garda Civil de Tráfico ten todo listo para o dispositivo especial. Haberá máis controis de velocidade, alcol e drogas.  

Máis de seiscentos axentes vixiarán as estradas galegas neste operativo especial da Semana Santa en que a Garda Civil de Tráfico agarda máis de 900.000 desprazamentos en Galicia entre hoxe e o póximo luns.

"Intensificaremos se cabe os controis de alcl e droga e vixiaremos a velocidade para evitar que os condutores que non cumpran a normativa non se poñan ao mandos dun veículo. E se finalmente toman os mandos deses veículos, tratar de sacalos das estradas galegas"., explica o sarxento da garda civil de tráfico Óscar Álvarez

Vano facer desde o aire e desde terra, con radares e controis móbiles coma este, que convencen aos condutores: "Todo o que sexa previr está ben" din 

Tráfico recomenda planificar ben a viaxe, verificar o estado do vehículo e descansar cada dúas horas, para evitar a desatención ao volante. Pide especial atención en vías con motocicletas, ciclistas ou peóns e nas viaxes curtas que é onde se produce un gran número de accidentes. 

Os condutores pensan que dalgún xeito "están velando pola túa vida", E unha última recomendación de Tráfico "Que se esquezan do teléfono móbil e outros dispositivos que poidan distraer. Que activen o modo coche". Tráfico lembra que, en caso de accidente, os móbiles poderían ser analizados como proba do sinistro. 

En total a Semana Santa deixará un millón e medio de desprazamentos en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019

Máis sobre actualidade

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13