Galicia Noticias Mediodía
A dona dun bar de Pontecesures xa dubida de se a roubaron catorce ou quince veces
A dona dun bar de Pontecesures leva vivido tantos roubos no seu establecemento que dubida se son catorce ou quince.
O último foi esta semana, tamén pola noite, coma os outros, e tamén desta volta lle rebentaron a máquina comecartos.
Só hai unha cousa distinta con respecto aos roubos anteriores: o xeito de entrar.
O bar de tantos asaltos está situado na Travesía do Muelle, unha rúa pequena que comunica o centro de Pontecesures e o porto. A súa dona xa dubida de cantos van exactamente co sufrido na madrugada do martes. Cando foi abrir, viu a comecartos rota, pero ningún cerramento do local forzado.
Do relato de María Dolores tírase que o local leva varios asaltos.
No último, o principal do botín foi o diñeiro da comecartos.
Conta que nos últimos anos a Garda Civil non esté preto e dá outra razón ao porqué de tantos roubos.
O que máis sorprende á vítima do roubo é como entraron e saíron por un oco tan estreito e situado alto.