CRTVG

Buscar

A dona dun bar de Vigo detén o ladrón que lle roubara mil euros do bolso

Publicado o 26/08/2020 15:07

Atención á valentía da dona dun bar de Vigo. A muller conseguiu reter, axudada por uns clientes, un ladrón que lle levara mil euros do interior do seu bolso.

Celia tiña claro que antes ou despois collería o ladrón. Identificouno pola gravación das cámaras de seguridade e estivo atenta por se o vía.

O home entrara no local e marchou sen pagar a consumición. O que nese momento non sabía Celia era que fuxía porque lle roubara 1.000 euros.

Ao día seguinte viuno pasar tranquilamente por diante do bar e non o pensou dúas veces. Celia conseguiu que o ladrón acabara detido, pero os cartos nunca apareceron.

Aínda así, na zona non se fala doutra cousa que da valentía de Celia. Unha valente por reter o ladrón e dobremente valente por enfrontarse día a día no seu bar, porque a pesar disto e dos problemas derivados da covid-19 segue agasallando cun sorriso os seus clientes.

Noticias web

26/08/2020