CRTVG

Buscar

A Domus, obra do premio Priztker 2019, Arata Isozaki

Publicado o 06/03/2019 21:54

Arata Isozaki, o ganador do premio Pritzker 2019, levantou na Coruña a que el mesmo considera unha das súas obras máis relevantes, a Domus, ou Casa do Home. Construída onde había unha canteira abandonara, e de granito e lousa porque, segundo o autor, a pedra é allea ás modas.

O xurado que lle concedeu o Pritzker sinala que a obra de Isozaki, de 87 anos, "supera o marco da arquitectura para abrir cuestións que transcenden épocas e fronteiras".

A Domus alberga o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao corpo humano, con máis de 150 módulos para aprender e interactuar coa anatomía.

Isozaki tamén deseñou o Centro de Estudos Avanzados, no parque de Vista Alegre, un edificio emblemático da Universidade de Santiago.

Non é o primeiro premio Pritzker que ten obra en Galicia. En 1992 recibiuno o portugués Álvaro Siza, que deseñou o edificio da Facultade de Comunicación e o Centro Galego de Arte Contemporánea, os dous en Santiago.

E Aldo Rossi, coautor, xunto ao arquitecto galego César Portela, do Museo do Mar de Vigo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019