CRTVG

Buscar

A do corazón é a operación número 17 do rei Xoán Carlos

Publicado o 24/08/2019 14:45

O deste sábado é o seu primeiro paso polo quirófano desde que o 2 de xuño abandonara as súas actividades oficiais... O Rei emérito, de 81 anos, accedía onte á noite á clínica Quirón de Pozuelo de Alarcón, en Madrid, para someterse a unha operación de corazón. Don Xoán Carlos saudaba os xornalistas á entrada, aos que lles comentaba que o verían á saída...

Esta é a intervención cirúrxica número 17 que se lle practica ao Rei emérito ao longo da súa vida, moitas delas foron de carácter traumatolóxico...

Tivo ao longo destes anos fracturas no xeonllo, no pulso, na pelve e nas cadeiras... coma a que sufriu en Botswana, onde participaba nun safari para cazar elefantes...

As caídas e a artrose fixeron estragos na súa saúde e dificultaron ás veces a súa recuperación. A última intervención cirúrxica destas características foi en abril do 2018, cando se lle substituíu a prótese que se lle implantara no xeonllo dereito no ano 2011.

En maio do 2010, fora operado por algo moi distinto. Detectáraselle un nódulo pulmonar periférico... que resultou ser un tumor benigno.

Unha lesión no tendón de Aquiles no 2011 e unha hernia discal no 2013 tamén o fixeron pasar polo quirófano.No mes de marzo deste ano don Xoán Carlos acudía a un acto acompañado pola Infanta Helena. Alí puidemos velo cun grande hematoma na cara. Extirpáraselle de xeito preventivo unha lesión cutánea por sobreexposición ao sol.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019