A D. O. Arzúa-Ulloa incrementa a produción en plena pandemia
Publicado o 08/03/2021 16:47

En plena pandemia a Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa segue crecendo. E logra un novo récord de produción.
Durante o ano pasado etiquetaron máis de tres millóns 600.000 quilos de queixo, o que supón un aumento do 2,10 por cento en relación ao exercicio anterior.
E fíxense neste dato curioso: producíronse máis queixos pequenos porque os grandes adoitan ser para restaurantes e o ano pasado a pandemia provocou unha baixa importante desas pezas.