A división palpable entre os partidos está tamén moi presente entre a cidadanía catalá
Publicado o 13/02/2021 15:13
Quixemos saber tamén como se están a vivir estas eleccións na rúa. Os nosos compañeiros desprazados a Cataluña visitaron dúas poboacións moi diferentes. A división, palpable entre os partidos, está tamén moi presente entre a cidadanía.
A praza maior de Vic recolle de forma visible esas reivindicacións dunha parte dos cataláns que necesariamente convive coa outra metade de Catalunya. Desde posicións diferentes, ás veces mesmo antagónicas, todos os cidadáns están convocados o domningo a participar nunhas eleccións que medirán esa correlación de forzas e que poden trazar o rumbo de Cataluña nos próximos anos.