CRTVG

Buscar

A disposición xudicial o home que, presuntamente, lle deu unhas coiteladas a outro nunha rúa en Vigo

Publicado o 16/07/2019 12:47

O detido como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio pasou esta mañá a disposición xudicial. Os axentes detivérono despois de que, presuntamente, lle asestara catro coiteladas a outro home, dúas delas moi preto do corazón.

Os feitos sucederon no centro de Vigo, cando os dous implicados se atoparon e discutiron por un tema de drogas. A vítima das coiteladas, supostamente, golpeou o agora detido antes de fuxir. Pouco despois producíase a agresión cunha navalla.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019