CRTVG

Buscar

En liberdade e coa abriga de comparecer no xulgado o home de Padrenda que tentou atropelar un veciño

Publicado o 10/06/2019 14:07

 

 

 

O veciño de 57 anos do concello ourensán de Padrenda, acusado dun presunto delito de homicidio en grao de tentativa por atropelar un veciño seu, pasou esta mañá a disposición xudicial en Bande. Agora, quedou en liberdade coa obriga de comparecer os días 15 de cada mes e a prohibición de comunicarse ao perxudicado a unha distancia de 150 metros, e de comunicarse con el por calqueea medio.

Segundo as testemuñas que presenciaron o suceso, a Garda Civil puido constatar que non fora un accidente e que o atropelo fora intencionado. Ao parecer, tamén segundo os veciños, os dous homes, que viven na mesma alde, xa tiveran días antes unha forte rifa e o detido ameazárao con atropelalo co coche. 

É o momento en que o home detido, de 57 anos, entraba no xulgado de Bande para declarar perante o xuíz. Está acusado dun presunto delito de homicio en grao de tentativa por supostamente atropelar un veciño seu na aldea de Formarigo, onde viven, no concello ourensán de Padrenda. Os feitos ocorreron este domingo pola tarde, foi un veciño o que alertou o 112 e cando chegou a Garda Civil de Tráfico puideron constatar que non se trataba dun accidente de tráfico, as testemuñas aseguraron que fora intencionado.

Segundo aseguran os veciños puidemos saber que os dous homes que viven na mesma aldea tiveran unha forte rifa neste bar, o día das eleccións municipiais, e din que alí escoitaron como o home agora detivo amezou o seu veciño con ir a por el co coche. A vítima de 46 anos sufriu feridas nas mans, no costado e na cabeza e tivo que ser ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense onde se recupera.

O suceso ten sorprendidos os veciños da zona, que lamentan o ocorrido, pero ninguén quixo pronunciarse diante das cámaras sobre o suceso nin falar da relación que tiñan os dous veciños.

 

Noticias web

10/06/2019