CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

A dislexia afecta entre un 5 e un 10% do alumnado

Publicado o 16/11/2013 14:48


Hoxe está tendo lugar en Santiago unha xornada sobre dislexia, dirixida aos profesionais da educación. Este transtorno de aprendizaxe afeta entre un 5 e un 10% do alumnado.

Profesores, pedagogos, psicólogos e logopedas asisten durante todo o día á xornada de detección, diagnóstico e intervención en dislexia que se celebra en Santiago.

A dislexia é un transtorno de aprendizaxe que afecta especialmente á linguaxe escrita. É moi importante a detección temperá para poder axudarlles desde que aparece a dificultade, e que poidan seguir o ritmo da clase.

Alguén con dislexia é tan intelixente coma calquera outro, pero hai que darlle as ferramentas adecuadas para que poida desenvolver o seu potencial.

Se non se intervén, o estrés que lle provoca ao pequeno este transtorno pódelle acarrear, ademais do fracaso escolar, problemas emocionais.

A dislexia non é un problema illado. Calcúlase que afecta a entre un 5 e un 10% da poboación, e moitos disléxicos chegan a adultos sen ser diagnosticados. Nalgúns casos, conseguiron rematar os seus estudos, eso si, con moito esforzo engadido. Pero en moitos outros a dislexia está detrás do seu fracaso escolar.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí