CRTVG

Buscar

Unha profesora do máster de Cifuentes admite que fixo unha acta falsa por presións

Publicado o 18/01/2021 16:39

Comezou o xuízo á expresidenta de Madrid Cristina Cifuentes pola presunta falsificación do seu máster. A Fiscalía pide para a exdirixente do PP tres anos e tres meses de cárcere. Hoxe, como proba, o seu avogado presentou un certificado académico da Universidade Rei Xoán Carlos que acreditaría que superou o máster.

Nesta xornada declarou unha profesora da universidade, tamén imputada por ser a persoa que supostamente falsificou a acta. Di que o fixo por presións dunha asesora de Cifuentes, Maite Feito, que tamén declarou e nega as ameazas.

Noticias web

18/01/2021