CRTVG

Buscar

A directiva do Lugo rectifica e o derbi non será día do club

Publicado o 14/05/2019 18:15

Por certo, o Lugo-Deportivo é o domingo ás oito. O venres é festivo en Galicia, que mellor día. Pero Tebas, a liga e os responsables dos horarios descoñecen algúns datos de carácter xeral. Quen rectificou foi o Lugo. Para compracer os seus afeccionados.

O partido deixa de ser o día do club. As peñas do Lugo mostraran a súa desconformidade. Os socios poderán acceder ao estadio sen ter que pagar un suplemento. Aqueles que o fixeron recuperarán os cartos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019