CRTVG

Buscar

A directiva do Celta plantará a Abel Caballero no palco de Balaídos

Publicado o 16/04/2018 20:53

En Vigo recrúa o enfrontamento entre a directiva do Celta e o alcalde da cidade. 

O club anunciou nun comunicado que plantarán a Abel Caballero no palco de Balaídos no partido de mañá ante o Barcelona, e que manterán esa postura mentras non cambie a súa maneira de actuar. Aseguran que ningún directivo do Celta se sentará co alcalde ata que, din, "respecte e cumpra os acordos alcanzados co club". Entre eles están remodelar o estadio, outorgar a concesión de Balaídos nas condicións pactadas e respectar o crecemento do Celta no municipio limítrofe de Mos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018