CRTVG

Buscar

A Dirección Federal do PSOE dálle o visto e prace ao calendario das primarias galegas

Publicado o 11/10/2018 22:05

A Dirección Federal do PSOE dálle o visto e prace ao calendario das primarias galegas. Así as cousas. No caso das eleccións autonómicas, os candidatos teñen de prazo ata o 16 de outubro para presentarse. A consulta coa militancia celebrarase o 18 de novembro. No caso de que ningún dos aspirantes obteña máis da metade dos votos haberá unha segunda votación o 25 de novembro. Para os candidatos ás eleccións municipais o calendario é o mesmo, agás o prazo para presentarse que é do 22 ao 25 de outubro.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018