A dirección do PSdeG denuncia o "inchado fraudulento" de militantes nas Pontes
Publicado o 10/07/2021 14:21
No PSdeG segue o malestar tras a denuncia que fixo a dirección dun "inchado fraudulento" de militantes na agrupación das Pontes.
Fontes socialistas cren que este aumento do censo na agrupación local, que preside Valentín Fernández Formoso, podería ter como obxectivo perverter os procesos orgánicos previstos para os vindeiros meses. Esas fontes relacionan a duplicación do censo coa posibilidade de que o actual presidente da deputación coruñesa opte a liderar o partido. O actual secretario xeral esquivaba hoxe o tema cando lle preguntaban os xornalistas.