CRTVG

Buscar

A dirección do PPdeG analiza os resultados das eleccións locais e europeas

Publicado o 04/06/2019 21:09

O Partido Popular de Galicia reuniu esta tarde en Santiago o seu comité de dirección. No encontro, Alberto Núñez Feijóo, o secretario xeral, Miguel Tellado, e os presidentes provinciais do partido avalían os resultados das pasadas eleccións municipais e europeas en Galicia e os posibles pactos para a constitución dos concellos o día 15.

A dirección autonómica do PP coñeceu tamén a dimisión dos responsables do partido en Vigo e a proposta para que Corina Porro dirixa a xestora que organice o congreso local que elixa a nova dirección.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019