CRTVG

Buscar

A dirección de Podemos pide aparcar as críticas internas e centrarse nas negociacións de goberno

Publicado o 04/06/2019 14:33

A cúpula do partido opta pola discreción e a cautela ante as críticas polos resultados electorais. A última, a do ex-líder de Podemos Madrid, Ramón Espinar, que pedía un cambio de dirección. A voceira da formación morada di que non é o momento de airear as discrepancias, senón de centrarse nas negociacións para un goberno de coalición.

Territorios como Aragón ou Andalucía levarán ao Consello Cidadán deste sábado as súas críticas á dirección. O alcalde en funcións da Coruña non quere entremeterse nun asunto interno de Podemos, pero reflexiona sobre a fragmentación dese espazo político e a perda de apoios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019