CRTVG

Buscar

A dirección de Podemos ábrese agora a negociar con Errejón en Madrid

Publicado o 28/01/2019 14:46

Podemos Madrid funciona dende hoxe a través dunha xestora que inclúe persoas da confianza de Iglesias, como Julio Rodríguez. Quedan fóra os próximos a Errejón, os anticapitalistas e tamén o número dous de Espinar. A principal misión da xestora será deseñar a candidatura para as eleccións autonómicas. Nun primeiro momento confirmaron que presentarían unha lista alternativa á de Errejón pero agora din estar dispostos a explorar vías de acordo, con el e con todos os actores políticos que impidan que o PP goberne a comunidade. Mesmo non descartan unha candidatura única.

A dirección adiantou a pasadomañá a reunión do seu máximo órgano de goberno, o Consello Cidadán Estatal, para analizar a situación do partido en Madrid, tras a marcha de Errejón á plataforma de Carmena e a dimisión de Espinar.

 

Noticias web

28/01/2019