CRTVG

Buscar

A dirección de En Marea di que Podemos quere impoñer o seu senador autonómico

Publicado o 13/06/2019 09:23

A dirección de En Marea non acepta a votación do grupo parlamentario para elixir o seu senador de designación autonómica. 

Nun comunicado, o órgano afín a Villares di que se trata dunha imposición de Podemos. En concreto, detallan "unha imposición dun grupo que quere ditar o seu criterio e transmite a súa desgana por chegar a acordos". Elixían entre dúas opcións, ou ben José Manuel Sande ou ben Mariló Candedo. Diversas fontes din que Sande, da Marea Atlántica e crítico con Villares, é o gañador da devandita votación.

Precisamente, a este conflito interno foi ao que aludiu Alberto Núñez Feijoo para responderlle ao voceiro socialista unha interpelación no Parlamento, pola tardanza na designación destes senadores.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019