CRTVG

Buscar

Francisco Igea valora postularse para presidir Ciudadanos como alternativa a Arrimadas

Publicado o 15/01/2020 13:55

O vicepresidente de Castela e León, Francisco Igea, deixa o seu cargo en Ciudadanos e podería postularse para liderar o partido se o modelo de Arrimadas é o actual, di.

Lamenta a decisión da xestora de cesar dous dirixentes dos considerados críticos coa dirección. Son o voceiro en Asturias, Ignacio Prendes, e o voceiro en Castela-A Mancha, Orlena de Miguel. Recibiron un correo eléctronico en que lles comunicaban o cesamento sen explicar os motivos. Os dous apartáranse do criterio do partido de vetar o PSOE e votaran en contra da elección dos membros da xestora.

Tras coñecerse as destititucións, outro dos dirixentes críticos, Francisco Igea, vicepresidente de Castela e León, anunciou a súa dimisión como secretario rexional de programas do partido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020