CRTVG

Buscar

A Diocese de Santiago pon en marcha un buscador de parroquias

Publicado o 12/11/2019 19:31

• A plataforma permite buscar información detallada de todos os centros de culto

A Diocese de Santiago pon en marcha un buscador de parroquias

Para celebrar o Día da Igrexa Diocesana, a Diocese de Santiago de Compostela pon en marcha un novo espazo web relacionado coas parroquias: webParroquias, un servizo que pon a tecnoloxía ao servizo dos fregueses.

A través desta plataforma pódese buscar información de todos os centros de culto. Outra das funcións que nos permite é extraer unha listaxe das parroquias, vigairías e arciprestados.

A través do seu buscador poderemos consultar datos como o nome do sacerdote, teléfono, municipio, código postal, etc. Deste xeito, o usuario pode acceder á entrada dunha parroquia e visualizar a foto da igrexa, o teléfono, ou mesmo consultar os horarios de misa.

Como cada parroquia está xeolocalizada, aparece nun mapa o lugar exacto onde se atopa, o cal facilita a tarefa de chegar a unha freguesía. A páxina tamén indica a distancia que hai entre distintos lugares de culto. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí