CRTVG

Buscar

A dimisión do primeiro ministro agrava a crise política en Italia

Publicado o 21/08/2019 15:16


A dimisión do primeiro ministro de Italia, Giuseppe Conte, agrava a crise política no país.
O presidente da República, Sergio Mattarella, xa convocou unha rolda de contactos para consultar os partidos políticos sobre a posibilidade de formar un novo goberno ou convocar eleccións. Conte anunciou a súa renuncia despois de que o líder da Liga e ministro italiano do Interior, Matteo Salvini, presentara hai uns días unha moción de censura contra el. Acusou a Salvini de provocar esta crise de Goberno por oportunismo político.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019