CRTVG

Buscar

A dimisión de Clara Serra abre a primeira crise na formación de Errejón

Publicado o 08/10/2019 14:56

Clara Serra presentárase ás autonómicas de maio como número dous de Más Madrid, pero pouco despois evidenciouse o seu distanciamento de Iñigo Errejón, que a desprazou dos núcleos de decisión e da portavocía do partido, en favor de Tania Sánchez, e Pablo Gómez Perpinyá, que hoxe valoraba así a súa saída.

Serra renuncia á acta como deputada rexional, "con dor", porque non comparte o proxecto estatal co que o partido de Errejón vai concorrer ás Xerais. Nunha carta aberta, explica a súa desconformidade coa decisión de competir en Barcelona co partido de Ada Colau. Tamén critica as primarias, que cre 'un trámite para a galería', e acusa a Errejón de reducir o feminismo a unha cuestión de imaxe.

A súa irmá, Isabel Serra, voceira de Unidas Podemos na Asemblea de Madrid, di que "ten a porta aberta" para volver á formación morada.

 

Noticias web

08/10/2019