CRTVG

Buscar

A deseñadora luguesa Melania Freire presenta a súa colección na Mercedes-Benz Fashion Week

Publicado o 24/01/2019 16:33

Acaba de falecer o deseñador Elio Berhanyer, o último gran nome da historia da moda española. Cordobés de nacemento, morreu aos 89 anos na súa residencia de Madrid. A morte coincide coa celebración da Mercedes-Benz Fashion Week. A pasarela ten unha importante representación de Galicia. Alí está a presentar a súa colección, por primeira vez, a deseñadora luguesa Melania Freire.

Crea emocións a través da moda e en cada peza de roupa plasma a súa paixón pola arte. O que consegue son pezas únicas, deseños sinxelos e atrevidos. Estamos con Melania momentos antes de presentar a súa colección na Semana da Moda de Madrid, no espazo EGO que é onde se promoven os novos talentos da moda española.

Melania Freire, artísta plástica e deseñadora de moda: "Básicamente o que pasa aquí é que hai un tribunal que xudga as diferentes coleccións e o premio é desfilar unha semana da moda do mundo nunha vindeira edición"



Nesta colección
aprópiase da pintura do británico David Hockney a quen admira profundamente. As súas pezas pintadas á man convértense en auténticos lenzos.

Melania Freire, artísta plástica e deseñadora de moda:
MODA "É un pouco unha visión, unha revisión, unha visita ao traballo de David Hockney nas súas diferentes etapas pero sobre todo na das piscinas que pinta nos Ánxeles nos anos 60' e 70'. Fun collendo pequenas referencias que fun representando nos estilismos a través de pintura directa e sobre as prendas"

Artista plástica e deseñadora de moda, una combinación que estimula os procesos creativos que demandan as pasarelas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2019