CRTVG

Buscar

A deseñadora Carmen Pichel di que nas máscaras buscan calidade, diversidade e moda

Publicado o 28/05/2020 11:21

Peza indispensable deste verán: a máscara. Imos ata un taller de confección e falamos coa deseñadora Carmen Pichel.

A deseñadora viu que ía ser precisa. "Nesta guerra temos que facer algo. E que sabemos facer? Deseñar e coser". Comezaron a facer as primeiras con blusas a xogo, pero iso durou pouco. Axiña se puxeron a investigar e buscaron calidade, diversidade e moda.

"Estampados preciosos, raias superchulas e un deseño distinto, pero moi confortable", apunta Carmen Pichel.

Asegura que é un complemento de moda ao que non estamos acostumados, e precisamos que sexa cómodo. Tamén tentan que ser respectuosos co medio ambiente. 

"Somos partidarios de que sexa máscara de algodón". "Despois de 25 usos que ten o filtro podes tiralo, pero queda a máscara. Con isto imos protexer o medio ambiente", engade. 

Que tipo de coidados require? A deseñadora recomenda lavala en auga fría con xel neutro e despois pasarlle o ferro durante 10 segundos a 150 graos.

Noticias web

28/05/2020