CRTVG

Buscar

A desaceleración económica pásalle factura ao emprego

Publicado o 31/10/2019 13:54

A desaceleración económica tamén lle pasa factura ao emprego, que crece xa a un ritmo que nos devolve un lustro atrás. Os postos de traballo a tempo completo apenas aumentaron un 0,1 entre xullo e setembro, catro décimas menos que no trimestre anterior. En termos interanuais, a fenda é aínda máis profunda. O emprego rexistrou un avance do 1,8 por cento, cando no segundo trimestre fora do dous e medio. Trátase da taxa máis baixa desde o terceiro trimestre de 2014.

Por sectores, o mellor comportamento atopámolo na industria, que acelera o seu crecemento ata o 2,6 por centro. No outro extremo sitúase a agricultura, que, cun retroceso do 1,7, acumula sete trimestres consecutivos en negativo, e cada vez con índices máis preocupantes.

Ante todos estes indicadores, o Consello Xeral de Economistas Españois rebaixou a súa previsión de crecemento para este ano ata o 1,8, tres décimas menos do que prognostica o Goberno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019