CRTVG

Buscar

A derrota do Parrulo diante do Ribera Navarra provoca a dimisión do técnico Héctor Souto

Publicado o 28/02/2021 12:37

A derrota na Malata do Parrulo diante do Ribera Navarra (3-7) precipitou a decisión de Héctor Souto. O adestrador, logo de dúas temporadas e media á fronte do cadro ferrolán, decidiu dimitir para ver se o equipo atopa un revulsivo para o treito final da liga. O Parrulo ocupa a última posición do campionato con 12 puntos en 21 partidos e leva unha serie de seis derrotas consecutivas. 

Noticias web

28/02/2021