CRTVG

Buscar

A dereita gaña nas eleccións rexionais de Francia cunha abstencións recórd superior ao 66 %

Publicado o 21/06/2021 08:40
A dereita gaña nas eleccións rexionais de Francia cunha abstencións recórd superior ao 66 %

A primeira volta das eleccións rexionais en Francia estivo marcada pola abstención récord, que supera o 66 por cento do electorado. Segundo os primeiros resultados parciais, a dereita gañou en seis das trece rexións metropolitanas do país e a esquerda en cinco.

Na Provenza, dereita e ultradereita están igualadas, e os nacionalistas volven estar en cabeza na illa de Córsega. O conservador Os Republicanos é o partido máis votado, e a formación que lidera o presidente francés Emmanuel Macron repite o mal resultado das municipais do ano pasado situándose no cuarto lugar nas preferencias do electorado.

Noticias web

21/06/2021