CRTVG

Buscar

A dereita celebra a marcha de Iglesias e a esquerda eloxia a súa achega á política española

Publicado o 05/05/2021 20:24
A dereita celebra a marcha de Iglesias e a esquerda eloxia a súa achega á política española

O outro fundador de Podemos, Íñigo Errejón, salientou o papel decisivo de Iglesias na política española e denunciou o acoso que sufriu durante toda a súa traxectoria. Yolanda Díaz, probable sucesora á fronte de Podemos, dixo del que cambiou a historia do país. Pero os seus rivais celebraron a súa marcha: tanto o alcalde de Madrid, o popular José Luis Martínez Almeida, como o voceiro de Vox, Espinosa de los Monteros, cualificaron a súa dimisión de boa noticia.