CRTVG

Buscar

A Deputación de Ourense aproba os orzamentos do 2018

Publicado o 29/09/2017 14:51

Esta mañá quedaron aprobados en pleno, cos votos a favor do Partido Popular, os orzamentos cos que vai contar a Deputación de Ourense o ano que vén. Uns orzamentos que ascenden a 80 millóns, 700 mil euros. Algo máis de 14 millóns e medio irán destinados a investimentos. A oposición critícaos e reclama máis apoio aos concellos. Dende o PP aseguran que son uns orzamentos rigorosos para chegar ao 2019 con débeda 0. A Deputación de Ourense convértese na primeira administración pública de España en contar cos orzamentos do ano que vén aprobados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2017