CRTVG

Buscar

A Deputación de Ourense, a primeira institución de España en sacar adiante os seus orzamentos

Publicado o 25/09/2020 16:15

En Ourense, hoxe houbo pleno da Deputación, o primeiro tras a crise dentro de Democracia Ourensana.

Un pleno con acusacións cruzadas entre os disitintos grupos, en que, finalmente e malia o voto en contra do deputado afín a Jácome, se aprobaron as contas.

Trátase da primeira institución de España en sacar adiante os seus orzamentos. Uns orzamentos que ascenden a 79,7 millóns de euros.

Noticias web

25/09/2020