CRTVG

Buscar

A Deputación de Lugo vai disolver a Sociedade Urbanísica Provincial a partir de setembro

Publicado o 08/08/2019 11:31

A Deputación de Lugo disolverá Suplusa, a súa Sociedade Urbanística Provincial, a partir de setembro.

É unha das primeiras decisións que adopta o seu novo presidente, o socialista José Tomé, cumprindo así unha das condicións do pacto de Goberno acadado co BNG.

No mandato anterior, os conflitos entre Suplusa, dirixida polo ex-deputado socialista Manuel Martínez, e a propia Deputación eran continuos, chegando en numerosas ocasións aos xulgados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019

Máis sobre lugo