CRTVG

Buscar

A Deputación da Coruña aproba un aumento do 86% nos salarios dos deputados con dedicación exclusiva

Publicado o 23/07/2019 15:59

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe un aumento do 86 por cento nos salarios dos deputados con dedicación exclusiva. Foi co voto a favor dos cinco grupos políticos representados na corporación, incluíndo o da Marea Atlántica, que inicialmente tiña pensado absterse.

PP, PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños votaron hoxe a favor do novo réxime retributivo que case duplica o gasto en soldos con relación ao mandato anterior, reservando preto dun millón de euros para os 15 deputados que terán dedicación exclusiva, o que supón un aumento de case o 86 por cento, ademais de aumentar tamén as axudas de custo por asistir a plenos e comisións. Unanimidade no voto que chamou a atención do PP.

A explicación, un erro na lectura da orde do día, para a que xa non hai volta atrás. Á marxe das retribucións o pleno tamén aprobou a creación, por primeira vez, dunha Comisión de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible.






 

Noticias web

23/07/2019