CRTVG

Buscar

A deportivista Athenea del Castillo debuta coa selección española

Publicado o 24/10/2020 11:57

A xogadora cántabra do Deportivo Athenea del Castillo xogou os últimos minutos do partido que enfrontou a España e a República Checa en La Cartuja, valedeiro para a clasificación da Eurocopa de 2022. Athenea é a primeira xogadora deportivista que debuta coa camisola da selección logo de que Peke se quedase sen xogar na última convocatoria. 

España gañou por 4-0 e quedou ás portas da clasificación da Euro 2022. Cun triunfo máis nos tres partidos que lle quedan estarán en Inglaterra. 

Noticias web

24/10/2020