CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A deportista paralímpica de elite Gema Hassen-Bey quere repetir o Camiño de Santiago antes de subir o Kilimanjaro

Publicado o 08/05/2015 15:23


A deportista paralímpica de elite, Gema Hassen-Bey afronta o reto da súa vida. Quere ser a primeira muller en subir en cadeira de rodas os 6.000 metros do pico máis alto de África, o Kilimanjaro. Como parte do seu adestramento pensa volver facer o Camiño de Santiago.

Gema falou na Coruña de retos porque a súa vida, di, é un continuo desafío desde que de pequena quedou en cadeira de rodas por mor dun accidente de tráfico. Deportista de elite conta no seu haber con 12 títulos olímpicos. É campioa de España e pioneira na esgrima paralímpica. O seu próximo obxectivo: ser a primeira muller no mundo en subir en cadeira de rodas o Kilimanjaro. Un reto deportivo e solidario.

"Ter un reto así tan grande podeme permitir xerar moitas cousas para axudar os demais. O desenvolvemento dunha cadeira que non se quede nun prototipo para que eu acade o meu cumio senon que sirva para que outros poidan mellorar a súa mobilidade nun entorno máis rural ou na selva e que esa cadeira sexa realmente accesible para todo o mundo", Gema Hassen-Bey.

Recentemente foi sometida a tres intervencións cirúrxicas e foi na cama do hospital onde ideou este proxecto.

"En realidade non se trata de que eu conquiste o cumio, é que se eu conquisto ese cumio do Kilimanjaro todos podedes conquistar os vosos cumios na vida porque non hai excusas e temos todo para conseguir os nosos soños".

Como parte do seu adestramento está pensando en volver facer o Camiño de Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí