CRTVG

Buscar

A dependencia a proba: 24 horas sen teléfono móbil

Publicado o 26/01/2017 15:26

150 estudantes do campus de Pontevedra sometéronse a este reto. Concluíron que é unha experiencia que paga a pena, para decatarnos de ata que punto dependemos do teléfono móbil

150 estudantes do campus de Pontevedra sometéronse a un reto. Quixeron saber se podían pasar 24 horas sen empregar o teléfono móbil. Concluíron que é unha experiencia que paga a pena, para decatarnos de ata que punto dependemos do teléfono móbil. Tanto, que non todos aguantaron.

Asío describen o que sentiron despois de estar 24 horas sen utilizar o teléfono móbil. Ainda que non todos superaron a proba.

150 alumnos das Facultades de Comunicacion Adiovisual e Publicidade de Pontevedra sometéronse ao experimento. Din que lles valeu, sobre todo para reflexionar.

Recoméndanlle a todo mundo  probar a experiencia, para comprobar algo no que ás veces non se repara: o poder aditivo das novas tecnoloxías. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2017